A historia de Vigo

A historia de Vigo: o momento de inflexión

Contamos a historia de Vigo: a transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia.

Este post inicia unha serie que contaran a historia de Vigo. O Vigo que hoxe recoñecemos tal e como é, unha cidade activa, industrial e traballadora.

Antes deste momento Vigo era unha pequena vila con pouca importancia na contorna. Adicada o sector primario, cunha economía de subsistencia, artesanía e pesca fundamentalmente, localizada no casco vello. Baiona “La Real” e Cangas eran as vilas boiantes, cunha elevada actividade na ría, que por aquel entón non debía chamarse, de Vigo.

Taboada Leal, médico do século XIX, fixou a poboación da vila no ano 1840 en 5.000 persoas. Pero por aquel entón xa se encontraban, pola praia do Areal, os primeiros fomentadores cataláns que da man da industria conserveira estaban a empezar a cambialo todo.

A historia de Vigo: de artesans a burgueses

a historia de Vigo

Polo tanto esta é a historia dos alicerces da sociedade de hoxe en día, a historia do momento crucial de inflexión e cambio. Cambio dunha época de penurias, precariedade e pobreza por outra de prosperidade, ledicia e cambio.

Será a burguesía conserveira a que faga posible esta transformación tan rápida. Os burgueses provocan un crecemento exponencial da industria que fai aumentar as súas necesidades. Estas necesidades provocan un cambio completo: crecemento do porto, proliferación de fábricas, chegada de traballadores, aumento da poboación, mellora das condicións socioeconómicas, …etc.

Un cambio en cascada, social, cultural e económico, que situou a Vigo como unha referencia a nivel nacional e internacional e que atraeu a grandes personalidades que volveron a Vigo a disfrutar dun momento florecente e nunca mais acadado.

A historia de Vigo: do casco vello ao ensanche

a historia de Vigo

Pegaremos polo tanto un salto temporal para imaxinar como vivían estas xentes, como traballaban, como se divertían, en definitiva para coñecelos mellor. Para facelo empregaremos as pegadas que nos deixaron e que aínda están presentes por toda a cidade: a arquitectura do Ensanche Decimonónico Burgués.

O narrador non é casual chamase Nacho Hortas e foi o xerente do equipo encargado polo concello para facer o documento para declarar o Ensanche como B.I.C.

A figura de B.I.C. (Ben de Interese Cultural) é o maior recoñecemento, dende un punto de vista patrimonial, que otorga o estado español para protexer aquilo que se considera sobresaínte e dunha calidade excepcional.

Polo tanto o relato que estades a punto de coñecer é un relato multidisciplinar froito das pescudas de varios especialistas (arquitectura, historia, bioloxía, socioloxía e arqueoloxía) que formaron parte do equipo que fixo posible este relato que é a historia da cidade de Vigo.

A historia de Vigo nas rutas turísticas: “Ensanche en Conserva”

a historia de Vigo

Este relato forma parte dunhas rutas turísticas denominadas  “Ensanche en Conserva”, que organiza Estudio04, e que periodicamente sae a rúa para explicalo da mellor forma que se pode facer, pateando a cidade.

Xa contamos con 3 rutas diferenciadas e que pretenden explicar e ordenar toda a información:

1º “Ensanche en Conserva: iniciación”

Se queres saber o contido desta ruta o contamos en capítulos. Diríxete aqui:  Capitulo I: os precedentes

2º “Ensanche en Conserva: infraestruturas”

3º “Ensanche en Conserva: estilos arquitectónicos”

E dúas mais en proceso:

4º “Ensanche en Conserva: a industria”

5º “Ensanche en Conserva: natureza”

Se queredes organizar unha ruta con nos solo tedes que poñervos en contacto, deixámosvos o contacto:

Contacto Estudio04

 

E permanecede atentos porque a partires de hoxe seguiremos a contar esta apaixoante historia…

 

Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)