A Historia do Ensanche decimonónico de Vigo (02)

A Historia do Ensanche decimonónico de Vigo (2ª Achega)

Desta época datan as seguintes sociedades e personalidades que hoxe en día son un emblema da cidade:

  • O Faro de Vigo.
  • O Real Club Celta de Vigo.
  • Sanjurjo Badía que foi a personaxe que atraeu a Julio Verne a cidade.
  • A Panificadora.

Emblema da cidade: O FARO DE VIGO.

Durante o século XIX vai levarse a cabo en Vigo un auxe no eido da edición de escritos literarios, edición de xornais así como a aparición de imprentas que van sustentar toda esta produción. Se comparamos a cantidade de xornais que viron a luz na segunda metade do século XIX (un total de 55 xornais segundo o que nos conta Cabanelas no seu libro sobre o cable inglés) ca poboación total (o censo de 1897 do Instituto Nacional de Estatística da a cifra de, mais ou menos, dezaseis mil habitantes) podémonos facer unha idea da cantidade de ideas que bulían na cidade e a necesidade de crear todos estes medios para darlles cabida entre a poboación.

A figura de don Ángel de Lema y Marina é sobradamente coñecida na cidade xa que na súa imprenta nace o que é hoxe o diario decano da prensa nacional, como ben versa na súa portada, o Faro de Vigo. A labor deste impresor comeza uns anos antes ca edición dunha serie de tratados e de informes pero é a edición do Faro de Vigo o que catapulta a figura deste empresario como un dos mais senlleiros da historia da cidade. Nace o Faro de Vigo (subtitulado como Periodico mercantil, agrícola e industrial) o 3 de novembro de 1853, cunha liña editorial de marcado corte conservador e claramente situado a favor da figura política de don José Elduayen, por aquel entón deputado electo representante da cidade de Vigo. A idea principal do xornal era a defensa dos intereses xerais de Galicia, en xeral, e de Vigo en particular. Os anos iniciais da publicación veñen marcados polo exercicio dunha presión co fin de mobilizar e de facer actuar as autoridades competentes có obxecto de superar o illamento no que se atopaba o sur de Galicia.

A súa edición levábase a cabo no taller tipográfico do sr. Lema na rúa Oliva e o papel era de procedencia local, xa que este elaborábase en Lavadores, na fábrica La Cristina (fábrica que utilizaba máquinas de vapor expresamente dispostas por Sanjurjo Badía para eses fins). Como ben di Álvarez Blázquez “todo un exemplo de autarquía industrial” (ALVAREZ BLAZQUEZ, 1979:502).

(Foto de Google Street View e do arquivo Pacheco da rúa Urzaiz ).

Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)