A historia de Vigo
A historia de Vigo: o momento de inflexión Contamos a historia de Vigo: a transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia. Este post inicia unha serie que contaran a historia de Vigo. O Vigo que hoxe recoñecemos tal e como é, unha cidade activa, industrial e traballadora. Antes deste momento Vigo era unha pequena vila con pouca importancia na contorna. Adicada o sector primario, cunha economía de subsistencia, artesanía e pesca fundamentalmente, localizada no casco vello. Baiona “La Real” e Cangas eran as vilas boiantes, cunha elevada actividade na ría, que por aquel entón non debía chamarse, de Vigo. Taboada Leal, médico do século XIX, fixou a poboación da vila no ano 1840 en 5.000 persoas. Pero por aquel entón xa se encontraban, pola praia do Areal, os primeiros fomentadores cataláns que da man da industria conserveira estaban a empezar a cambialo todo. A historia de Vigo: de artesans a burgueses Polo tanto esta é...
Continue Reading