A historia do Ensanche de Vigo

A historia da cidade de Vigo: Os emblemas (Faro de Vigo).

A historia da cidade de Vigo: Os emblemas  "Ensanche en Conserva: 1_Iniciación" Cap. 4º:O Faro de Vigo   Nas próximas actualizacións da historia da cidade de Vigo analizaremos o legado inmaterial deixado pola burguesía e que identifica a cidade. Os elementos que os cidadáns reclaman para salientar a importancia do seu berce, os seus emblemas, son unha herdanza deixada pola sociedade conserveira. A excepcional calidade deste patrimonio inmaterial fala por si solo do nivel acadado na época. A importancia angular das súas xentes, protagonistas principais da historia da cidade de Vigo, queda clara solo coa súa enumeración: O diario decano da prensa nacional: O Faro de Vigo Unha das sociedades deportivas mais antigas de España: O Celta de Vigo. Visitas únicas no estado de personaxes ilustres: Julio Verne O excelso legado que os burgueses legaron sobreviviunos. Hoxe en día as xeracións contemporáneas o reclaman como signo identitario. Este feito deixa claro, sen lugar a dúbidas, a órixe da...

Continue Reading

¿Por qué a industria conserveira de Vigo reuniu todo o sector europeo na cidade?

¿Por qué a industria conserveira de Vigo reuniu todo o sector europeo na cidade? Capítulo 3º de “Ensanche en Conserva: 1º_Iniciación”   Como xa sabedes a industria conserveira de Vigo aglutinou, a partires de mediados do século XIX, a totalidade da actividade sectorial, non solo de España se non practicamente de toda Europa. Neste novo capítulo de “Ensanche en Conserva” descubrirás as casualidades polas que os nosos queridos protagonistas, os burgueses, elixiron como centro de operacións do seu imperio esta pequena vila sen importancia do sur das rías baixas.   Industria conserveira de Vigo 1ª Casualidade: Desaparición da sardiña dos caladoiros do norte de Europa. Arredor do ano 1850 os bancos de sardiña comezan a escasear na zona de Bretaña, no norte de Europa.   A principios do século XIX a actividade conserveira comeza a desenrolarse na zona francesa de Bretaña. O seu produto principal é un peixe inconfundible de corpo esvelto e alargado, duns 25 cm, e un...

Continue Reading

“Ensanche en Conserva” 1º Iniciación_Cap.2

Ensanche en Conserva 1º_Iniciación Capitulo 2º: o encontro de duas sociedades nunha lata de sardiñas   Na denominada "Ensanche en Conserva" contamos a historia da cidade de Vigo, a transformación dunha vila na meirande cidade de Galicia. Estamos a falar do espectacular cambio que veu da  sociedade conserveira. "Ensanche en Conserva" dividímola en temáticas para organizar toda a información. Hoxe continuamos coa primeira, denominada "Ensanche en Conserva 1_Iniciación" A intención é meternos en situación, unha viaxe temporal a aquela época no final do século XIX, para coñecer a situación social e económica así como as súas xentes, as condicións de vida, traballo, ocio, etc...

Continue Reading

Rutas turísticas en Vigo: “Ensanche en Conserva” 1º_Iniciación_Cap.I

Rutas turísticas en Vigo: “Ensanche en Conserva” 1º_Iniciación Capitulo I: os precedentes   Nestas rutas turísticas en Vigo denominadas "Ensanche en Conserva", contamos a historia da cidade. A transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia. Falamos polo tanto da sociedade conserveira que fixo posible este espectacular cambio. "Ensanche en Conserva" dividímola en temáticas para organizar toda a información. Hoxe comezamos coa primeira denominada: Ensanche en Conserva 1_Iniciación. Esta primeira temática pretende meternos en situación. Nela meterémonos en situación facendo unha viaxe temporal a aquela época nas décadas finais do século XIX, para coñecer a situación social e económica do momento. Desta forma coñeceremos as súas xentes, saberemos como vivían, de que forma traballaban e que facían para divertirse. Será polo tanto unha ruta turistica en Vigo de AMBIENTACIÓN: a burguesía , os traballadores da industria conserveira, o porto, os asteleiros, o Ensanche Decimonónico, as festas...

Continue Reading

A historia de Vigo

A historia de Vigo: o momento de inflexión Contamos a historia de Vigo: a transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia. Este post inicia unha serie que contaran a historia de Vigo. O Vigo que hoxe recoñecemos tal e como é, unha cidade activa, industrial e traballadora. Antes deste momento Vigo era unha pequena vila con pouca importancia na contorna. Adicada o sector primario, cunha economía de subsistencia, artesanía e pesca fundamentalmente, localizada no casco vello. Baiona “La Real” e Cangas eran as vilas boiantes, cunha elevada actividade na ría, que por aquel entón non debía chamarse, de Vigo. Taboada Leal, médico do século XIX, fixou a poboación da vila no ano 1840 en 5.000 persoas. Pero por aquel entón xa se encontraban, pola praia do Areal, os primeiros fomentadores cataláns que da man da industria conserveira estaban a empezar a cambialo todo. A historia de Vigo: de artesans a burgueses Polo tanto esta é...

Continue Reading

3ª Ruta Vigo Canibal: Os estilos arquitectónicos

3ª Ruta Vigo Canibal: Os estilos arquitectónicos. ¿Qué pasou en Vigo entre 1880 e 1945? ¿Quenes foron os seus principais protagonistas? ¿Cómo respondeu a sociedade viguesa os acontecementos históricos tan importantes que nestes anos sucederon? Nesta 3ª ruta do Vigo Canibal responderemos a estas preguntas aproveitando os vestixios patrimoniais que nos legaron os nosos antepasados. Os diferentes estilos arquitectónicos presentes no Ensanche Decimonónico nos servirán como fío condutor dos anos cruciais da nosa historia: Eclecticismo, historicismo, modernismo, racionalismo, etc…   Os estilos arquitectónicos do Ensanche Decimonónico.   A historia duns burgueses que transformaron un pequeno pobo rural na meirande cidade de Galicia: Manuel Barcena, José García Barbón, Manuel Gómez Román, Bernardo Alfageme, e moitos máis...

Continue Reading
})(jQuery)