Escaleras de hormigón coloreado en masa.
2ª Entrega: As fases do proceso constructivo.
Recuperamos este fío, de escaleiras de formigón coloreado, para mostrares as imaxes da DESORDE do proceso construtivo pola súa importancia na conformación dun obxecto duradeiro.
Esta DESORDE nunca senta ben o cliente, que quere recuperar rapidamente a limpeza e a ORDE do seu entorno, pero DESORDE necesaria para conseguir un obxecto duradeiro e sen patoloxías futuras.
Estas escaleiras de formigón coloreado en masa non se podían facer nun solo día. Era preciso facelo en diferentes etapas para xerar xuntas de dilatación que permitiran os movementos de dilatación-contraccción.
Como podedes ver a continuación as diferentes fases buscan deixar pequenas xuntas de poucos milímetros entre banzos, as podedes identificar polas cintas negras de neopreno.
A seguinte fase cubre con formigón ese pequeno espazo que o neopreno crea para permitir eses movementos.
O material utilizado foi formigón coloreado en masa con fibras de polipropileno. A coloración en masa buscaba a durabilidade da cor para que o rozamento non a desvirtuase. As fibras de micropropileno buscaban evitar as fisuras superficiais.
Deixamosvos mais noticias, relacionados coas escaleiras, por se queredes profundizar no tema:
1ª Nova das escaleiras no blog
E se queredes poñervos en contacto, por un deseño que esteades a pensar, a continuación deixamos o contacto do estudio:
Vémonos a semana que ven con mais novas, un saúdo.
Share your thoughts
No Comments