A historia do Ensanche de Vigo

A historia do Ensanche de Vigo (1ª Achega).

Contamos a historia da sociedade burguesa conserveira, de finais do século XIX e principio do XX, que transformou Vigo na cidade mais importante de Galicia.

A orixe da cidade.

Hoxe queremos iniciar o relato dun dos nosos traballos, a incoación do B.I.C. do Ensanche de Vigo, e que conta a historia dunha nova clase social, a burguesía, que produciu unha transformación total e en cascada de toda a sociedade. A historia do momento no que un pobo comezou a acadar a importancia que a levou a transformarse nunha cidade. Polo tanto esta é a historia dos alicerces da sociedade de hoxe en día compre coñecela para sentirse orgulloso dela e protexela pola importancia que ten.
A principios do século XIX Vigo era unha pequena vila adicada o sector primario, cunha economía de subsistencia, artesanía e pesca fundamentalmente, cunha poboación de apenas 5.000 habitantes (segundo o traballo de Taboada Leal de 1840) a importancia da vila na contorna era moi baixa. Pero unha serie de casualidades van transformar esta situación dándolle completamente a volta: a sorprendente desaparición da sardiña dos caladoiros do norte de Europa, a maior necesidade de calado nos portos dos novos barcos e a presenza na vila dunha man de obra experta, tanto na pesca como nos procesos de conserva, converten a Vigo nun lugar estratéxico.
A partires deste capítulo inicial comezaremos a desgranar os entresijos desta sociedade burguesa nacida en torno a industrialización do sector pesqueiro e que converteu a Vigo na mais importante cidade de Galicia.
Unha sociedade florecente, boiante e cosmopolita cunha actividade económica, social e cultural que a situou como unha referencia a nivel nacional e internacional e que atraeu a grandes personalidades que volveron a Vigo a disfrutar dun momento florecente e nunca mais acadado.
(Foto do arquivo Pacheco da rúa Urzaiz).

Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)