A Nave Industrial Nexoted

Nave industrial Nexoted

Explicación da nave Nexoted, en diferentes capítulos, como proxecto que representa e resume as principais inquedanzas e obxectivos de Estudio04: ARQUITECTURA + NATUREZA + ENERXÍA.

O longo das seguintes actualizacións explicaremos polo miúdo tódolos temas tratados, as reflexións feitas, e as investigacións posteriores que nos deron ou nos quitaron a razón.

Capítulo 1º: A relación de duas actividades diferentes

nave industrialA idea de partida do proxecto foi a resposta adecuada para a actividade que o cliente prantexaba: unha empresa de eliminación de barreiras arquitectónicas con dúas actividades diferentes, pero relacionadas entre si,  almacén e oficinas.

A proposta feita foi a reunión, das dúas actividades, entorno a un patio. Este elemento, o patio, relaciona e separa o mesmo tempo as dúas funcións para que poidan convivir xuntas sen molestarse.

A sección característica do proxecto

nave industrial

 

Como se pode ver na sección, o patio que baixa ata 1ª planta, colocase separando as duas actividades. Separa, polo espacio exterior que introduce, pero grazas a que a sua envolvente é de cristal tamen relaciona grazas as visións cruzadas que permite.  Podedes comprobalo nas fotos que engadimos a continuación.

Visual oficinas – nave

nave industrial

Visual nave – oficinas

nave industrial

 

Esta obra iniciou unha colaboración profesional, que dende Estudio04 consideramos, de éxito polo ben facer do equipo:

O arquitecto e director de obra, Nacho Hortas, xerente de Estudio04.

O arquitecto, Adolfo Agra, coparticipe na elaboración do proxecto.

A aparelladora, Xiana Alonso, responsable da dirección de execución.

A aparelladora, Bethania Sánchez, responsable da coordinación de seguridade e saúde.

E a empresa de “construction management” Integra que foi a encargada das labores de xestión da obra.

Os dejamos el resto de capítulos de la construcción de una nave industrial de hormigón para que podáis seguir la historia completa:

2ºCapítulo de Nave industrial Nexoted: el prefabricado de hormigón

3º Capítulo de Nave Industrial Nexoted: El dibujo como proceso de diseño

Se queredes poñervos en contacto connosco facédeo sen compromiso no seguinte enlace:

Contacto Estudio04

Vémonos en próximos actualizacións desta obra tan interesante, un saúdo.

Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)