Nave industrial Nexoted
Explicación da nave Nexoted, en diferentes capítulos, como proxecto que representa e resume as principais inquedanzas e obxectivos de Estudio04: ARQUITECTURA + NATUREZA + ENERXÍA.
O longo das seguintes actualizacións explicaremos polo miúdo tódolos temas tratados, as reflexións feitas, e as investigacións posteriores que nos deron a razón ou nola quitaron.
Capítulo 1º: A relación entre duas actividades diferentes
A idea de partida do proxecto foi a resposta adecuada para a actividade que o cliente prantexaba: unha empresa de eliminación de barreiras arquitectónicas con dúas actividades diferentes, pero relacionadas entre si, almacén e oficinas.
A proposta feita foi a reunión, das dúas actividades, entorno a un patio. Este elemento, o patio, relaciona e separa o mesmo tempo as dúas función para que poidan convivir xuntas sen molestarse.
Como se pode ver na sección, o patio que baixa ata 1ª planta, colocase separando as duas actividades. Separa, polo espacio exterior que introduce, pero grazas a que a sua envolvente é de cristal tamen relaciona grazas as visións cruzadas que permite e que podedes comprobar nas fotos que engadimos a continuación.
Share your thoughts
No Comments