Ensanche de Vigo Tag

VIGO CANIBAL en xuño

Vigo Canibal en xuño Xa falta menos para as rutas VIGO CANIBAL deste mes: 15 de xuño Vigo Canibal (I): Iniciación. 22 de xuño Vigo Canibal (II): As infraestructuras.    · VIGO CANIBAL (I): INICIACIÓN. Nesta primeira ruta, que xa repetimos unhas cantas veces con moito éxito, presentamos a sociedade burguesa decimonónica que puxo a Vigo no mapa e que fixo posible a etapa de maior esplendor da cidade, a época industrial. Se Santiago se identifica coa etapa medieval representada pola sua catedral e polo seu casco vello ao que chegaban os peregrinos de toda Europa, Vigo se identifica coa etapa industrial e co seu Ensanche Decimonónico, edificios da talla do Hotel Moderno o Banco Pastor ou o teatro García Barbón e moitos mais, onde chegaban inmigrantes retornados, traballadores da conserva, empresarios de múltiples procedencias, famosos como Julio Verne, etc...

Continue Reading

Volve VIGO CANIBAL

Volve VIGO CANIBAL: 15 de xuño Vigo Canibal (I): Iniciación. 22 de xuño Vigo Canibal (II): As infraestructuras.   Inauguramos unha nova ruta “Vigo Canibal (II): As infraestructuras” para profundizar no coñecemento da sociedade burguesa, mais en concreto, nas melloras infraestruturais que se implementaron nesta nova cidade para acadar un nivel de vida propio das grandes capitais da península. No percorrido contaremos catro historias que se corresponden con catro melloras das infraestruturas da cidade recen inaugurada. Coñeceremos os seus protagonistas, os seus avatares pasados e os futuros que lle quedaban por vivir, recoñeceremos as pegadas que deixaron e nos sentiremos orgullosos desta fermosa cidade na que vivimos.   Hoxe vos deixamos esta instantánea que presenta unha das catro historias: “O conto da fonte do Penedo”   ¿Coñeces a esta familia? ¿Recoñeces Vigo nesta instantánea do ano 1933? ¿Cal é a súa historia? ¿Que acontecementos lles facían ter esa ledicia? ¿Que sucesos lles agardaban?   Dende a organización consideramos...

Continue Reading

Rutas “VIGO CANIBAL” en el Faro de Vigo

Las rutas “Vigo Canibal”. Este fin de semana Ana Blasco, xornalista do Faro de Vigo, fixo unha extensa publicación sobre as rutas polo “Vigo Canibal” titulada “Un paseo por el Ensanche Decimonónico”. “Un paseo por el Ensanche Decimonónico”. Despois dun par de largas charlas de conversa sintetizou a idea das rutas de iniciación, "Vigo canibal" que xa fixemos unas cantas veces, e deu un pequeno apunte da nova ruta que estamos a piques de inaugurar "Vigo canibal: as infraestructuras". En xuño repetiremos a ruta de iniciación e estrearemos esta segunda ruta na que comezaremos a adentrarnos no interior dos edificios que posibilitaron a mellora do nivel de vida da cidade: o abastecemento de auga, as infraestructuras educativas, as fábricas e un novo hospital. Os organizadores consideramos importante, para disfrutar o máximo desta segunda ruta, ter vido a primeira para ter contextualizado a sociedade burguesa e así entender e gozar o máximo da segunda. Grazas o Faro...

Continue Reading
})(jQuery)