Ensanche Vigo Tag

¿Por qué a industria conserveira de Vigo reuniu todo o sector europeo na cidade?

¿Por qué a industria conserveira de Vigo reuniu todo o sector europeo na cidade? Capítulo 3º de “Ensanche en Conserva: 1º_Iniciación”   Como xa sabedes a industria conserveira de Vigo aglutinou, a partires de mediados do século XIX, a totalidade da actividade sectorial, non solo de España se non practicamente de toda Europa. Neste novo capítulo de “Ensanche en Conserva” descubrirás as casualidades polas que os nosos queridos protagonistas, os burgueses, elixiron como centro de operacións do seu imperio esta pequena vila sen importancia do sur das rías baixas.   Industria conserveira de Vigo 1ª Casualidade: Desaparición da sardiña dos caladoiros do norte de Europa. Arredor do ano 1850 os bancos de sardiña comezan a escasear na zona de Bretaña, no norte de Europa.   A principios do século XIX a actividade conserveira comeza a desenrolarse na zona francesa de Bretaña. O seu produto principal é un peixe inconfundible de corpo esvelto e alargado, duns 25 cm, e un...

Continue Reading

“Ensanche en Conserva” 1º Iniciación_Cap.2

Ensanche en Conserva 1º_Iniciación Capitulo 2º: o encontro de duas sociedades nunha lata de sardiñas   Na denominada "Ensanche en Conserva" contamos a historia da cidade de Vigo, a transformación dunha vila na meirande cidade de Galicia. Estamos a falar do espectacular cambio que veu da  sociedade conserveira. "Ensanche en Conserva" dividímola en temáticas para organizar toda a información. Hoxe continuamos coa primeira, denominada "Ensanche en Conserva 1_Iniciación" A intención é meternos en situación, unha viaxe temporal a aquela época no final do século XIX, para coñecer a situación social e económica así como as súas xentes, as condicións de vida, traballo, ocio, etc...

Continue Reading

Rutas turísticas en Vigo: “Ensanche en Conserva” 1º_Iniciación_Cap.I

Rutas turísticas en Vigo: “Ensanche en Conserva” 1º_Iniciación Capitulo I: os precedentes   Nestas rutas turísticas en Vigo denominadas "Ensanche en Conserva", contamos a historia da cidade. A transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia. Falamos polo tanto da sociedade conserveira que fixo posible este espectacular cambio. "Ensanche en Conserva" dividímola en temáticas para organizar toda a información. Hoxe comezamos coa primeira denominada: Ensanche en Conserva 1_Iniciación. Esta primeira temática pretende meternos en situación. Nela meterémonos en situación facendo unha viaxe temporal a aquela época nas décadas finais do século XIX, para coñecer a situación social e económica do momento. Desta forma coñeceremos as súas xentes, saberemos como vivían, de que forma traballaban e que facían para divertirse. Será polo tanto unha ruta turistica en Vigo de AMBIENTACIÓN: a burguesía , os traballadores da industria conserveira, o porto, os asteleiros, o Ensanche Decimonónico, as festas...

Continue Reading

A historia de Vigo

A historia de Vigo: o momento de inflexión Contamos a historia de Vigo: a transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia. Este post inicia unha serie que contaran a historia de Vigo. O Vigo que hoxe recoñecemos tal e como é, unha cidade activa, industrial e traballadora. Antes deste momento Vigo era unha pequena vila con pouca importancia na contorna. Adicada o sector primario, cunha economía de subsistencia, artesanía e pesca fundamentalmente, localizada no casco vello. Baiona “La Real” e Cangas eran as vilas boiantes, cunha elevada actividade na ría, que por aquel entón non debía chamarse, de Vigo. Taboada Leal, médico do século XIX, fixou a poboación da vila no ano 1840 en 5.000 persoas. Pero por aquel entón xa se encontraban, pola praia do Areal, os primeiros fomentadores cataláns que da man da industria conserveira estaban a empezar a cambialo todo. A historia de Vigo: de artesans a burgueses Polo tanto esta é...

Continue Reading
})(jQuery)