Protección patrimonio Vigo Tag

VIGO CANIBAL en xuño

Vigo Canibal en xuño Xa falta menos para as rutas VIGO CANIBAL deste mes: 15 de xuño Vigo Canibal (I): Iniciación. 22 de xuño Vigo Canibal (II): As infraestructuras.    · VIGO CANIBAL (I): INICIACIÓN. Nesta primeira ruta, que xa repetimos unhas cantas veces con moito éxito, presentamos a sociedade burguesa decimonónica que puxo a Vigo no mapa e que fixo posible a etapa de maior esplendor da cidade, a época industrial. Se Santiago se identifica coa etapa medieval representada pola sua catedral e polo seu casco vello ao que chegaban os peregrinos de toda Europa, Vigo se identifica coa etapa industrial e co seu Ensanche Decimonónico, edificios da talla do Hotel Moderno o Banco Pastor ou o teatro García Barbón e moitos mais, onde chegaban inmigrantes retornados, traballadores da conserva, empresarios de múltiples procedencias, famosos como Julio Verne, etc...

Continue Reading

Volve VIGO CANIBAL

Volve VIGO CANIBAL: 15 de xuño Vigo Canibal (I): Iniciación. 22 de xuño Vigo Canibal (II): As infraestructuras.   Inauguramos unha nova ruta “Vigo Canibal (II): As infraestructuras” para profundizar no coñecemento da sociedade burguesa, mais en concreto, nas melloras infraestruturais que se implementaron nesta nova cidade para acadar un nivel de vida propio das grandes capitais da península. No percorrido contaremos catro historias que se corresponden con catro melloras das infraestruturas da cidade recen inaugurada. Coñeceremos os seus protagonistas, os seus avatares pasados e os futuros que lle quedaban por vivir, recoñeceremos as pegadas que deixaron e nos sentiremos orgullosos desta fermosa cidade na que vivimos.   Hoxe vos deixamos esta instantánea que presenta unha das catro historias: “O conto da fonte do Penedo”   ¿Coñeces a esta familia? ¿Recoñeces Vigo nesta instantánea do ano 1933? ¿Cal é a súa historia? ¿Que acontecementos lles facían ter esa ledicia? ¿Que sucesos lles agardaban?   Dende a organización consideramos...

Continue Reading
})(jQuery)