VIGO CANIBAL en decembro

Vigo Canibal en decembro

Xa falta menos para a ruta do vindeiro sábado de VIGO CANIBAL:

  • 7 de decembro Vigo Canibal (I): Iniciación.
  • 14 de decembro Vigo Canibal (II): As infraestructuras.
  • 21 de decembro Vigo Canibal (III): Os estilos arquitectçonicos.

 

 · VIGO CANIBAL (I): INICIACIÓN.

Nesta primeira ruta, que xa repetimos unhas cantas veces con moito éxito, presentamos a sociedade burguesa decimonónica que puxo a Vigo no mapa e que fixo posible a etapa de maior esplendor da cidade, a época industrial.

Se Santiago se identifica coa etapa medieval representada pola sua catedral e polo seu casco vello ao que chegaban os peregrinos de toda Europa, Vigo se identifica coa etapa industrial e co seu Ensanche Decimonónico, edificios da talla do Hotel Moderno o Banco Pastor ou o teatro García Barbón e moitos mais, onde chegaban inmigrantes retornados, traballadores da conserva, empresarios de múltiples procedencias, famosos como Julio Verne, etc…

Como Barcelona ten o seu Ensanche e a Gaudi a nosa cidade lle pasa o mesmo co seu Ensanche e arquitectos da importancia de Pacewicz, Gomez Román, Palacios ou Jenaro de la Fuente.

O sábado 7 de decembro, volveremos a facer esta ruta por Vigo para coñecer como unha pequena vila de 5.000 habitantes se transformou na meirande urbe de Galicia, eliminando no proceso moitos dos mais emblemáticos edificios de Vigo e de Galicia.

 

· VIGO CANIBAL (II): AS INFRAESTRUCTURAS.

Catro historias que presentan catro melloras infraestructurais que necesitou a cidade que mais crecía de Europa.

“O conto da fonte do Penedo (infraestrutura educativa) e tres mais”

Esta historia nos servirá para mergullarnos na vida de dous burgueses unidos por unha propiedade a que lle van a dar un uso distinto.

O primeiro propietario desta facenda é un burgués prototípico: un personaxe de vida social moi intensa, un empresario con moitos frentes abertos e un político comprometido coa mellora da cidade.

O segundo propietario entra a formar parte desta historia pola debacle nos negocios do primeiro e por unha reforma realizada pola Segunda República. O novo dono transforma, esta fantástica propiedade, nunha infraestrutura educativa de primeiro nivel que a cidade precisaba para mellorar a alfabetización da poboación.

Polo tanto con este conto aproveitaremos para entender a situación da ensinanza a finais do século XIX e principios do XX. Comprenderemos os bos alicerces que esta sociedade montou e que hoxe en día seguimos a disfrutar.

· VIGO CANIBAL (III): OS ESTILOS ARQUITECTÓNICOS.

 

Esta última ruta, que ben podía ter sido a primeira porque percorreremos os edificios mais salientables deste conxunto patrimonial edificado, servira para recoñecer os diferentes estilos arquitectónicos empregados, para reflexionar sobre os problemas dos vigueses e para coñecer os seus personaxes identificandoos no legado que nos deixaron mergullándonos nel.

O noso guía é Nacho Hortas, arquitecto responsable do equipo multidisciplinar que levou a cabo a incoación do Ensanche de Vigo como B.I.C. (Ben de Interese Cultural) e experto en rehabilitación.

 

Mergúllate con nos nesta historia apaixoante.

Apuntate na seguinte páxina:

         · Volta Montana

Mais información en:

        ·  Estudio04

Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)