VIGO CANIBAL en xuño

Vigo Canibal en xuño

Xa falta menos para as rutas VIGO CANIBAL deste mes:

  • 15 de xuño Vigo Canibal (I): Iniciación.
  • 22 de xuño Vigo Canibal (II): As infraestructuras.

 

 · VIGO CANIBAL (I): INICIACIÓN.

Nesta primeira ruta, que xa repetimos unhas cantas veces con moito éxito, presentamos a sociedade burguesa decimonónica que puxo a Vigo no mapa e que fixo posible a etapa de maior esplendor da cidade, a época industrial.

Se Santiago se identifica coa etapa medieval representada pola sua catedral e polo seu casco vello ao que chegaban os peregrinos de toda Europa, Vigo se identifica coa etapa industrial e co seu Ensanche Decimonónico, edificios da talla do Hotel Moderno o Banco Pastor ou o teatro García Barbón e moitos mais, onde chegaban inmigrantes retornados, traballadores da conserva, empresarios de múltiples procedencias, famosos como Julio Verne, etc…

Como Barcelona ten o seu Ensanche e a Gaudi a nosa cidade lle pasa o mesmo co seu Ensanche e arquitectos da importancia de Pacewicz, Gomez Román, Palacios ou Jenaro de la Fuente.

O sábado 15 de xuño, volveremos a facer esta ruta por Vigo para coñecer como unha pequena vila de 5.000 habitantes se transformou na meirande urbe de Galicia, eliminando no proceso moitos dos mais emblemáticos edificios de Vigo e de Galicia.

 

· VIGO CANIBAL (II): AS INFRAESTRUCTURAS.

Catro historias que presentan catro melloras infraestructurais que necesitou a cidade que mais crecía de Europa.

“O conto da fonte do Penedo (infraestrutura educativa) e tres mais”

 

Esta historia nos servirá para mergullarnos na vida de dous burgueses unidos por unha propiedade a que lle van a dar un uso distinto.

O primeiro propietario desta facenda é un burgués prototípico: un personaxe de vida social moi intensa, un empresario con moitos frentes abertos e un político comprometido coa mellora da cidade.

O segundo propietario entra a formar parte desta historia pola debacle nos negocios do primeiro e por unha reforma realizada pola Segunda República. O novo dono transforma, esta fantástica propiedade, nunha infraestrutura educativa de primeiro nivel que a cidade precisaba para mellorar a alfabetización da poboación.

Polo tanto con este conto aproveitaremos para entender a situación da ensinanza a finais do século XIX e principios do XX. Comprenderemos os bos alicerces que esta sociedade montou e que hoxe en día seguimos a disfrutar.

 

Se queres apuntarte manda un correo electrónico cos teus datos e a data, ou datas, as que te animas a vir  a seguinte dirección de correo electrónico: info@estudio04.com

A ruta ten un custe de 15 €. Na resposta detallaremos todo o necesario e contaremos as formas de pago que podedes empregar.

 

O noso guía é Nacho Hortas, arquitecto responsable do equipo multidisciplinar que levou a cabo a incoación do Ensanche de Vigo como B.I.C. (Ben de Interese Cultural) e experto en rehabilitación.

 

Mergúllate con nos nesta historia apaixoante.

Mais información en:

  • www. estudio04.com/blog/urbanismo/historia-do-ensanche-de-vigo/
  • www.voltamontana.com
Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)