Volve VIGO CANIBAL

Volve VIGO CANIBAL:

  • 15 de xuño Vigo Canibal (I): Iniciación.
  • 22 de xuño Vigo Canibal (II): As infraestructuras.

 

Inauguramos unha nova ruta “Vigo Canibal (II): As infraestructuras” para profundizar no coñecemento da sociedade burguesa, mais en concreto, nas melloras infraestruturais que se implementaron nesta nova cidade para acadar un nivel de vida propio das grandes capitais da península. No percorrido contaremos catro historias que se corresponden con catro melloras das infraestruturas da cidade recen inaugurada. Coñeceremos os seus protagonistas, os seus avatares pasados e os futuros que lle quedaban por vivir, recoñeceremos as pegadas que deixaron e nos sentiremos orgullosos desta fermosa cidade na que vivimos.

 

Hoxe vos deixamos esta instantánea que presenta unha das catro historias:

“O conto da fonte do Penedo”

 

¿Coñeces a esta familia? ¿Recoñeces Vigo nesta instantánea do ano 1933? ¿Cal é a súa historia? ¿Que acontecementos lles facían ter esa ledicia? ¿Que sucesos lles agardaban?

 

Dende a organización consideramos importante ter asistido á ruta de iniciación para disfrutar desta segunda ruta que inauguramos.  Por esta razón programamos para o 15 de xuño, o sábado anterior a das infraestruturas, a ruta de iniciación. Ámbalas rutas son completamente urbanas e polo tanto de dificultade baixa pero nunca hai que esquecer as costas da nosa querida cidade.

 

Se queres apuntarte manda un correo electrónico cos teus datos e a data, ou datas, as que te animas  a seguinte dirección de correo electrónico: info@estudio04.com

 

O noso guía é Nacho Hortas, arquitecto responsable da incoación do Ensanche de Vigo como B.I.C. (Ben de Interese Cultural) e experto en rehabilitación.

 

Mergúllate con nos nesta historia apaixoante.

 

Mais información en:

Share your thoughts

No Comments

Leave a Comment:

*

})(jQuery)