Rutas turísticas en Vigo:
“Ensanche en Conserva”
1º_Iniciación
Capitulo I: os precedentes
Nestas rutas turísticas en Vigo denominadas “Ensanche en Conserva”, contamos a historia da cidade. A transformación dunha vila, na meirande cidade de Galicia. Falamos polo tanto da sociedade conserveira que fixo posible este espectacular cambio.
“Ensanche en Conserva” dividímola en temáticas para organizar toda a información.
Hoxe comezamos coa primeira denominada: Ensanche en Conserva 1_Iniciación.
Esta primeira temática pretende meternos en situación.
Nela meterémonos en situación facendo unha viaxe temporal a aquela época nas décadas finais do século XIX, para coñecer a situación social e económica do momento.
Desta forma coñeceremos as súas xentes, saberemos como vivían, de que forma traballaban e que facían para divertirse.
Será polo tanto unha ruta turistica en Vigo de AMBIENTACIÓN: a burguesía , os traballadores da industria conserveira, o porto, os asteleiros, o Ensanche Decimonónico, as festas… e un largo etcétera.
Comezamos entón…
Rutas Turísticas en Vigo “Ensanche en Conserva” 1º Iniciación.
Capítulo I_Os precedentes.
Falamos da situación coa que se atoparon os burgueses o chegar a vila nos comezos do século XIX. Desta forma entenderemos a magnitude do que fixeron, polo punto do que partían.
Os vigueses de inicios de século XIX: Os artesáns
Como nos recorda Taboada Leal, no ano 1840 Vigo era unha pequena vila cunha poboación de pouco mais de 5.000 habitantes. Cunha poboación adicada ao sector primario, fundamentalmente agricultura, artesanía e pesca, a vila funcionaba como centro de intercambio nos días de feira.
A vida no Casco Vello de Vigo
Cunha economía, polo tanto de subsistencia, os vigueses conformaran un pequeno asentamento espontáneo crecido arredor de serpenteantes camiños rurais. Cesteiros, ferreiros, carpinteiros e pescadores traballaban nas plantas baixas das modestas autoconstrucións, coas súas vivendas inmediatamente enriba. Había polo tanto unha bulliciosa vida na rúa, pola variedade de actividades que nela se daban. Tamén temos que apuntar que a falta de hixiene era tremenda pola falta total de servizos. Nin saneamento, nin abastecemento de auga, nin alumeado, nas rúas convivíase coas inmundicias que corrían augas abaixo e a situación sanitaria era preocupante.
A dimensión da vila de Vigo
Cando comezan a chegar os primeiros fomentadores cataláns a mediados do século XIX Vigo é unha pequena vila amurallada con novos barrios crecidos extramuros.
A muralla defensiva da vila, feita entre 1656 e 1665, fora levantada polos ataques de corsarios ingleses (nos séculos XVI e XVII) que a saquearán devanditas veces.
Dende a segunda metade do século XVIII a cidade comezara a medrar extramuros, a carón das portas da cidade, dando lugar a novos barrios xa a mediados do XIX. O barrio do Berbés, o da Falperra, do Salgueiral e o Areal, este último será o protagonista principal da industrialización e crecemento da pequena vila de pescadores e labregos. Este barrio tamen representa o xérmolo das rutas turísticas en Vigo “Ensanche en Conserva”.
Os primeiros burgueses no Areal
Os primeiros burgueses que comezan a chegar a Vigo, detrás da prezada sardiña, comezan a asentarse nas inmediacións da praia do Areal. Nunha posición inmellorable para os seus intereses, unha praia protexida cun grande areal onde poder fondear os seus barcos, comezan a construír as primeiras fábricas que reciben o produto fresco. Serán estas fábricas-vivenda do Areal, cos primeiros ensaios de conserva, onde comece esta transformación que ninguén imaxinaba.
A burguesía conserveira será quen de facer semellante transformación social e económica grazas a súa determinación e empuxe. A situación de partida, coa que se encontrou esta sociedade de emprendedores, axudou a a potenciar o efecto fulgurante do seu éxito. Tanto dende o punto de vista do marco físico; a ría, as praias, a abundancia de pesca, o calado do porto; como dende o punto de vista das actividades previas preexistentes, as salinas romanas, o saber facer dos pescadores do Areal e o Berbés, así como os primeiros intentos de salgadura e escabechado foron responsables do singular progreso desta nova sociedade.
A situación estaba a piques de cambiar: dun pequeno Casco Vello de 8 hectáreas de superficie e 5.000 habitantes, no ano 1840, a un gran Ensanche de 75 hectáreas de superficie e 123.000 habitantes de poboación 100 anos mais tarde.
Deixámosvos os links dos capítulos desta serie para que poidades ler a historia completa:
Prologo da Historia da cidade de Vigo: Ensanche en conserva.
Rutas turísticas en Vigo “Ensanche en Conserva”_1ºIniciación_Capitulo I: os precedentes
Rutas turísticas en Vigo “Ensanche en Conserva”_1ºIniciación_Capitulo II: o encontro de dúas sociedades nunha lata de sardiñas
Rutas turísticas en Vigo “Ensanche en Conserva”_1ºIniciación_Capitulo III: ¿Por qué a industria conserveira de Vigo reuniu todo o sector europeo na cidade?
As rutas turísticas en Vigo “Ensanche en Conserva”
Este relato forma parte dunhas rutas turísticas en Vigo denominadas “Ensanche en Conserva”, que organiza Estudio04, e que periodicamente sae a rúa para explicalo da mellor forma que se pode facer, pateando a cidade.
Xa contamos con 3 rutas diferenciadas e que pretenden explicar e ordenar toda a información:
1º “Ensanche en Conserva: iniciación”
2º “Ensanche en Conserva: infraestruturas”
3º “Ensanche en Conserva: estilos arquitectónicos”
E dúas mais en proceso:
4º “Ensanche en Conserva: a industria”
5º “Ensanche en Conserva: natureza”
Se queredes organizar unha das rutas turísticas en Vigo con nos solo tedes que poñervos en contacto, deixámosvos a ligazón de seguido:
E permanecede atentos a próximas actualizacións porque seguiremos a contar esta apaixoante historia…
Share your thoughts
No Comments